ESPECTÁCULOS

IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

Unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo. Agora chega por primeira vez a Galicia e en galego este emocionante e necesario monólogo que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista de clase baixa.

É un monólogo para público adulto e adolescente que se adapta a calquera espazo. Un proxecto seleccionado pola AGADIC, polo programa Cultura no Camiño 2023, pola Rede Cultural da Deputación da Coruña, na REAOU da Deputación de Ourense e no catálogo Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Máis información

CUSHING

CUSHING

O cushing non é un tipo de sushi novo que poidas pedir nun restaurante... é a enfermidade denominada rara que padece a nosa protagonista. Só unha persoa entre un millón está diagnosticada de dito mal, e a ela tocoulle a lotaría!!! Nesta comedia barbitúrica cóntanos a súa experiencia da maneira máis delirante.

Unha soa actriz no escenario transformarase a través da súa propia fábula. Todo sucede nun mundo de fantasía onde todo ten cabida: persoas que son plantas, un conto de nadal, doutores esperpénticos ou ata un concurso multitudinario... son algúns exemplos desta experiencia vital que rematará cun final sorprendente pero feliz.

Máis información

Equipo artístico

Alba Caneda - Interpretación

Alba Caneda, unha das revelacións saída das últimas promocións das ESAD de Galicia, onde obtivo a calificación de Matrícula de Honra e o unánime recoñecemento de alumnado e profesorado.

Sara Rey - Dirección

Unha das grandes promesas do teatro galego, seleccionada nada máis rematar os seus estudos para dirixir no Centro Dramático Galego "Shakespeare en Roma" no 2023.

As Dúas e Punto - Espazo escénico e iluminación

O tándem formado por Carmen Casal e María Torres, dúas novas escenógrafas saídas tamén da ESAD de Galicia onde deseñaron o espazo do Tartufo producido polos teatros nacionais de Galicia, Portugal e Francia.

Marcos Grandal - Espazo sonoro

Un novo e polifacético compositor que combina a súa faceta musical coa súa carreira tamén como actor.

Sinopse


Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos..


Fotos

Vídeo

Materiais

descárgaos!

CONTRATACIÓN


companiahumana@gmail.com

Datas

Días
Horas
Min.
Seg.

Materiais

A Compañía

A Compañía Humana é unha produtora de teatro de recente creación promovida por Antela e Fran Peleteiro, profesionais da escena con máis de vinte anos de experiencia en proxectos escénicos e audiovisuais.


O teatro é a arte do humano. O encontro entre persoas que se acompañan nun espazo e tempo común para imaxinarse como sociedade.

Compañía Humana

As claves da compañía son os espectáculos de corte social dirixidos a público adulto e adolescente, con textos conectados coa nosa realidade e cos mellores talentos da interpretación.


Entreter pero tamén reflexionar.

Humana é a nosa condición e Humana é a nosa Compañía.

Contacto




companiahumana@gmail.com

Casting Iphixenia · Buscamos actriz galega · Candidaturas ata o 15 de outubro · Participa aquí Casting Iphixenia · Buscamos actriz galega · Candidaturas ata o 15 de outubro · Participa aquí